30/11/12

MAPA INTERACTIVO (proba)





Preme nos simboliños da lenda para cargar as capas. A capa "vistas" permite ver panorámicas interactivas de Lourizán.
Usa o zoom para ampliar a imaxe e usa o rato para movela premendo sobre ela o botón dereito.
Para adaptar a imaxe ao teu monitor preme "Ctrl" e usa a roda do rato.









OS ENLACES DO MAPA E VISTAS SON PROVISIONAIS (ESTAMOS EN OBRAS).

ANTES DE MAIS...





Estas son as nosas referencias. A primeira con texto e fotos de Jaime B. Blanco Dios e a segunda de Francisco J. Silva Pando e outros autores (Gracias á Profesora María J. Rozados, por facilitarnolo).







Ir ao Catálogo

27/11/12

Rota da Evolución





Evolución, Cambio Climático, Adaptación, Tempo xeolóxico, Biomas,... estamos mesturando estos e outros deliciosos ingredientes para cociñar un prato novo e sorprendente: A rota da Evolución. Aquí vos deixamos algún aperitivo.






Ir á aplicación

25/11/12

Lourizán Planeta Indómito





Lourizán Planeta Indómito é a nova revelación de Alumn@s de Lourizán Productions, a serie con máis éxito desde os Episodios Nacionales. .







Lourizán: Planeta Indómito

Tempada 1.

Capítulo 2. Cicas e as primeiras sementes.
Capítulo 3. Araucarias, pasto de dinosaurios.
Capítulo 4. Pinos, o que o vento se levou.
Capítulo 5. Teixos, Ice age.
Capítulo 6. O cofre do tesouro: Frutos.

Tempada 2. (sen cartos)




24/11/12




Proximamente... Presentación dos animais de Lourizán (non dos que levan roupa), da man de Fernanda que está a realizar un magnífico proxecto de divulgación da fauna e Adrián que está a facer un interesante estudo da recuperación do río Lagares.


22/11/12




Proximamente... Dúas visións da Historia, dúas Personalidades abraiantes, dous Estilos de roupa, dous Amigos: unha Vila. Desde Vilagarcía, unha introdución á historia do Pazo e finca de Lourizán. .


19/11/12

As profundas palabras do Delegado son seguidas con interés polos seus representados

18/11/12


Os breves descansos da frenética actividade forestal, son aproveitados
polos alumnos para analizar e discutir a actualidade política e cultural.